Torre3. Miguel Ángel Moreno Carretero

Miguel Ángel Moreno Carretero (Córdoba, 1980) introduce nas Hejduk unha terceira torre, a que non se ve, unha torre invertida que podemos percibir na silueta en negativo que xera o perfil das outras dúas: Torre3.

Trátase da reformulación tridimensional dun espazo latente, suxerido e intanxible que evoca á arquitectura oculta das torres habitables, recreando escenas curiosas que se agochan no subsolo, escenas ficticias protagonizadas por operarios e persoal de mantemento que transitan espazos ocultos á visión do paseante.