Slide ofrécese ao espectador en forma de vídeo monocanal que reflexiona sobre o fracaso da utopía como proxección idealizada do devir da historia.
Partindo da complexa interacción entre a Cidade da Cultura e un grupo social como o dos skaters, Slide de Ana Esteve Reig (Agres, Alicante-1986) e Alejandro Ramírez Ariza (Zaragoza, 1981) pon o acento na necesidade de crear novas utopías que non procedan de soños privados, senón de desexos colectivos. Institución e periferia unidos nunha ficción rodada no propio Gaiás que reflexiona sobre a incertidume como único modo de xestionar o avance cara ao futuro.




