Julio Gómez

Julio Gómez, Vigo 1967. Historiador e investigador sonoro. Iniciou a relación coa música a finais dos oitenta como crítico nos medios de comunicación Faro de Vigo e Radio 4 de Radio Nacional de España.  En 1994, comenza a exercer a súa actividade de programador musical e no ano 2000 funda a promotora Sinsalaudio.

No ano 2003, bota andar a primeira edición do Festival Sinsal onde se presentan propostas musicais, de diversos estilos, inéditas en Galicia.  Un festival estacional, itinerante e con localizacións en varios espazos como a extensión de Sinsal San Simón.  Ademáis, participa desde o  2005 no proxecto de paisaxe sonora escoitar.org  e colabora coa web mediateletipos.net. Na actualidade,  é presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.