As visitas didácticas para os ciclos de Educación Infantil ofrecen dúas opcións:
'Xiada' e o ciclo da auga
'Xiada' é unha divertida pinga de auga doce que nos acompañará pola exposición seguindo o ciclo da auga. Ata chegar a converterse nunha nube, a nosa amiga percorrerá os ríos máis importantes do mundo, será a protagonista de fermosas obras de arte e unha auténtica estrela de cine. Nesta trepidante aventura descubriremos os seus diferentes estados e a súa importancia para a vida das persoas, animais e plantas.
Concluiremos a visita realizando os seguintes obradoiros:
- Colorea a Xiada no ciclo da auga (3-4 anos)
- Realiza un títere de pau de Xiada ( 5-6 anos)
Os sons da auga doce
Como soa a auga doce? Ríos, regatos, chubascos e nubes. Descubrimos na visita os diferentes sons da auga na natureza e a súa representación, rematando cun divertido obradoiro de identificación auditiva que supón un verdadeiro reto para o oído dos alumnos.