O percusionista coruñés é un dos músicos e educadores máis emblemáticos de Galicia. Combina o seu labor como profesor no Conservatorio Superior de Música de Vigo e o seu traballo artístico, que o levou a participar en máis de 70 discos. Tamén realizou colaboracións na música sinfónica coa Orquestra de RTVE ou a Xoven Orquestra de Galicia, e no audiovisual e as artes escénicas, participando na banda sonora da película O Camiño das Estrelas, de Chano Piñeiro, e en diversas producións do Centro Dramático Galego. Domina todos os estilos, desde o folk ata o jazz e fusión, e forma parte dos grupos Fía na Roca, Martín Codax, Resonet, Meendinho e Catroventos.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH