Para Bacharelato, Aula Gaiás ofrece dúas visitas guiadas temáticas seguindo as diferentes liñas discursivas que ofrece a exposición:
A auga na arte
A auga é incolora, inodora e insípida. É unha substancia que pode presentarse en diferentes estados e baixo moi diferentes apariencias. Por este motivo, a súa representación visual constitúe un dos grandes retos artísticos para todas as culturas. A través dun percorrido histórico pola exposición Auga Doce comentaremos as múltiples solucións diferentes a este problema de representación na arte (debuxo, pintura, escultura, fotografía e cine).
Auga: medio e ciencia
Auga Doce preséntalle ao publico unha variada mostra de aparatos científicos históricos que serviron nos últimos séculos para comprender a natureza da auga. Na visita analizaremos a importancia da auga desde o punto de vista científico e técnico, así como os retos que formula o seu coñecemento.
Non nos esquenceremos na visita da problemática dos millóns de personas no mundo que non teñen un acceso suficiente á auga doce. A través desta visita tamén analizaremos o papel da auga nas diferentes culturas do planeta e examinaremos os retos do futuro en canto á súa xestión, analizando o problema global do estrés hídrico.