Andrés Lacasa Nikiforov

Violinista de profesión, Andrés Lacasa leva dez anos desempeñando diversas funcións no ámbito da xestión cultural. Creador dunha das primeiras tendas online de venda a domicilio de produtos musicais, Musitienda, foi coordinador artístico da Orquesta e Coro Nacionais de España de 2005 a 2010 e posteriormente adxunto á dirección do Centro Nacional de Difusión Musical.

Desde xaneiro de 2012 é xerente do Consorcio para a Promoción da Música, entidade que xestiona a Sinfónica de Galicia e a Escola Municipal de Música da Coruña.