Xuventude Crea: Erick Feles & amigos + Dani Font Dúo + Pi Graos

O venres, 15 de agosto, será a noite das bandas emerxentes. Os tres gañadores do certame Xuventude Crea 2013 serán os encargados de poñerlle música ao Atardecer no Gaiás. A noite comezará con Erick Feles, músico e compositor venezolano asentado en Galicia debido a súa paixón pola gaita, deleitaranos coas súas fusións dos máis diversos estilos musicais: house, hip hop, dance, electro, dubstep, chill-out, folk… pero sempre levando a gaita como instrumento emblemático galego.

Tras el, será a quenda de Dani Font Duo. E para rematar, Pi Graos: un conxunto que se move entre o jazz contemporáneo e o latin progresivo, que ofrecerá temas do que será o seu primeiro traballo discográfico, Savor escríbese con V, e algún que outro clásico.

 

 
Música & Escena
 
 
00:00
 
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo