Xincana literaria sobre Otero Pedrayo

Actividade ao aire libre para achegar os nenos e nenas e as súas familias a unha serie de contidos culturais e históricos relacionados coa vida e obra de Ramón Otero Pedrayo no 130º Aniversario do seu nacemento.

A través de xogos con formato de xincana e xogo dramatizado, os/ as educadores/as caracterizados para esta ocasión serán os encargados de dirixir o desenvolvemento da actividade, propoñendo aos participantes distintos retos, enigmas e probas a superar na xincana, facilitando e garantindo a coherencia narrativa do xogo. 

 
En familia