Xincana familiar de arquitectura | Nadal no Gaiás

Neste Nadal a Cidade da Cultura énchese de actividades para gozar en familia nestes días tan propicios para pasar tempo xuntos. Entre as nosas propostas, programamos uns percorridos moi especiais polas exposicións e a arquitectura do Gaiás, para comprender dunha maneira moi divertida a creación artística e arquitectónica que abrangue este complexo. 

XINCANA FAMILIAR DE ARQUITECTURA

 
  • Consulta quendas e horarios na columna dereita
  • Duración: 60 minutos
  • Idade recomendada: a partir de 6 anos
  • Actividade familiar. É precisa a asistencia dun adulto.
  • DE BALDE, PREVIA INSCRICIÓN 

Canto sabes da Cidade da Cultura? Coñeces os segredos destes edificios?

Nesta xincana, a medio camiño entre xogo de exploración e concurso de preguntas, aprenderedes en profundidade como foron construídos os edificios do Gaiás e as suas curiosidades máis divertidas, dun xeito lúdico e na compaña da vosa familia.

 
En familia