Xeometría fractal

Este obradoiro, impartido por mestras do programa ESTALMAT Galicia da Facultade de Matemáticas da USC, ten como obxectivo descubrir e iniciar ao alumnado no mundo dunha xeometría moi presente na natureza e na ciencia, a xeometría fractal.

Gracias a esta xeometría, construiremos e analizaremos matematicamente fractais de Sierpinski en dúas dimensións, como a Alfombra ou o triángulo, e tamén en tres dimensións todo adaptado para alumnos e alumnas desta idade. Para desenvolver esta actividade utilizaranse materiais moi sinxelos como palliñas de sorber e adhesivos.

 
En familia
 
15 DEC ao 6 XAN
10:00 a 20:00h
27 DECEMBRO
17 horas
28 DECEMBRO
12 horas
3 XANEIRO
12 horas
26-27 XANEIRO