Para conmemorar o día mundial do teatro, que se celebra o 27 de marzo. A Biblioteca de Galicia porá en escea unha obra de teatro A voar, para público familiar, a cargo da Compañía Sarabela Teatro.
Sinopse:
Xílgaros, pardaos, pombas ou tórtolas; a Zoe sempre lle gustaron os paxaros, todos e cada un deles. Son tan, tan fermosos!. Pero o que nunca puido imaxinar é que papá deixaría de comer as súas deliciosas torradas para entregarse a unha dieta de moscas e vermes; emperrado en converterse nun deles. Papá quere voar cun par de ás que está construíndo as agachadas e con moita, moita fe. Todo acaba por complicarse cando na vila convocan un concurso de homes voadores e tía Greta chega á casa disposta a frear calquera disparate coas súas exquisitas empanadiñas.



