Visitas Filgueira Valverde

Percorre o Camiño, supera as probas, resolve os acertixos e goza en familia ao tempo que coñeces a figura de Filgueira Valverde. Este é a proposta que a Cidade da Cultura fai con motivo do Día dos Museos e o Día das Letras Galegas a través dunhas Visitas familiares pola mostra Camiño. A orixe, onde aproximarse á figura do intelectual galeguista homenaxeado.

Nelas, ademais de percorrer a exposición Camiño. A orixe, nenos e adultos deberán superar os retos que impón a ruta e conseguir as tres insignias que os acreditan como auténticos peregrinos. Un percorrido cheo de xogos, acertixos e probas no que estará moi presente a figura de Filgueira Valverde a través das pezas cedidas polo Museo de Pontevedra, do que foi director e impulsor, así como de lecturas de fragmentos da súa obra relacionados coa peregrinación xacobea.

 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas