A Cidade da Cultura acolle o sábado 5 de xullo de 2025 a oitava edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, que reúne unha ducia de formacións de toda Galicia nun certame destinado a dar a coñecer o traballo que fan as formacións máis novas das bandas de música populares galegas.
Así, arredor de 600 rapaces e rapazas participan no Gaiás neste Festival onde cada formación interpretará un repertorio especialmente escollido para o certame, e terán ademais a oportunidade de gozar dunha xornada de convivencia na que coñecer a rapazada de toda a xeografía galega, co nexo común do seu amor pola música. O Festival incluirá unha actuación da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, constituída por rapaces e rapazas de bandas populares de toda Galicia.
O Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia está organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Programa da xornada
|
MAÑÁ 11.00 h | Benvida institucional (no Xardín do Teatro) 11.30 | Banda xuvenil da Cultural de Teo 12.00 | Banda escola de música de Portas 12.30 | Banda infantil da escola de música de Salvaterra 13.00 | Banda Xuvenil da Escola de Música Municipal de Agolada 13.30 | Banda escola da Banda municipal da Estrada 14.00 | Banda infantil da Unión Musical de Meaño TARDE 16.30 h | Banda xuvenil de Salceda de Caselas 17.00 h | Banda de música xuvenil de Guláns 17.30 h | Minibanda de Vilalba 18.00 h | Banda de música Santádega de Coles 18.30 h | Chikiband 2.0 19.00 h | Banda Sinfónica Xuvenil de Galega |
![]() |
.


