A viaxe dunha pompa

A importancia da auga para un ser vivo pode medirse nunha pompa de xabón. Nenos de entre 3 e 8 anos aprenderán neste creativo obradoiro a entender a orixe da auga, creando a súa propia molécula de H2O con globos, ademais de crear as súa propias fórmulas para facer pompas cada vez máis xigantes.

Un divertido xogo que servirá de vehículo conductor para aprender sobre a importancia da preservación da auga e da súa depuración, a contaminación que sofre o medio acuático e a necesidade dun uso racional deste elemento imprescindible para a vida.

As prazas son unicamente para os nenos. Os adultos no participan no obradoiro.

 
En familia