VI Bienal Literaria en Compostela

A Cidade da Cultura de Galicia acolle os vindeiros 2 e 3 de outubro a VI Bienal Literal que celebra o Centro Pen Galicia. Con motivo do seu 25 aniversario, esta edición reunirá en Compostela a narradores, xornalistas, escritores, poetas, novelistas e un nutrido grupo de representantes da nosa escrita para renderlle unha grande homenaxe ás letras galegas.

A sección galega do PEN Internacional está composto por escritores en lingua galega e constitúe un referente da dinamización da literatura en Galicia e na difusión internacional dos autores galegos, así como no establecemento de relacións con outras literaturas. E quere celebralo con dúas xornadas nas que pasarán polo Gaiás grandes nomes das letras galegas como Nélida Piñón, Xosé Luís Méndez Ferrín ou Manuel Rivas.

O programa inclúe un recital poético-musical e tres mesas redondas con xornalistas, poetas e novelistas galegos entre os que estarán nomes como Camilo Franco ou Santiago Jaureguízar, Marilar Aleixandre, Víctor F. Freixanes, Bieito Iglesias, Miguel Anxo Fernán-Vello ou María do Cebreiro. A edición deste ano contará como convidado de excepción co escritor arxentino Roberto Alifano, que impartirá unha conferencia maxistral sobre a figura de Borges.

 

 
Letras & Pensamento
 
pdf 1.04 MB