Verso busca Voz

O Día das Letras Galegas terá como acto central no Gaiás Verso busca Voz, un espectáculo multimedia co que poñer en valor a figura e a obra do poeta lucense. 

Así, a Cidade da Cultura convida á cidadanía a poñerlle voz aos versos de Manuel María nun recital colectivo que contará coas improvisacións musicais en directo do artista Koroiev e as videocreacións de DSK. As persoas que queiran participar recitando os seus poemas preferidos de Manuel María, só teñen que inscribirse previamente no calendario da dereita, indicando ademais dos seus datos persoais os versos elixidos para este día. O acto completarase coa actuación dos participantes no Obradoiro de poesía e rap celebrado ese mesmo día na Cidade da Cultura, que interpretarán as composicións resultantes. A entrada para todas aquelas persoas que desexen asistir como público a este recital será libre e de balde.

E como broche final, público e participantes están convidados a gozar dun aperitivo cultural cortesía das marcas Caurelor, Petroni e Eidos de Iria.

 

 

 
Letras & Pensamento