Verbenas animadas é o último dos obradoiros cos que a Biblioteca de Galicia celebra o Día das Artes Galegas.
Maruja Mallo foi unha pintora vangardista, que experimentou e colaborou con diversas correntes artísticas do século XX. Transgresora, moderna, feminista, foi unha muller adiantada ao seu tempo, cunha visión lúcida e unha enorme capacidade creativa. O vencellamento da artista coa vangarda e a súa paixón pola sétima arte servirán de fío condutor para este obradoiro de stop-motion no que rapaces e rapazas, despois de achegarse á figura, á obra e á época desta artista galega, farán unha proposta de animación a partir da obra “La Verbena”.
