Vaia cara!

Este Entroido, cambiarache a cara no Gaiás. Escolle ollos, narices e orellas e convértete nun monstro terrible ou tenro, un ser fantástico cun só ollo, unha meiga encantadora de grandes ollos azuis...

Vaia cara! Obradoiro de máscaras de monstruos e outros seres fantásticos está dirixido a nenos a partir de 6 anos para que lle dean renda solta á súa imaxinación a partir dunhas sinxelas estruturas ríxidas que deberán decorar e perfilar ao seu gusto. Cartóns de cores, pinturas, lazos e todo o que se lles ocorra serán os elementos cos que construír unha nova cara da man de Manuel Silva, un artista multidisciplinar que aplica a creatividade a diferentes campos de acción.

 
En familia
 
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h