V Bienal Literaria Internacional

Con motivo do último mes de apertura ao público da mostra Gallaecia Petrea, a Cidade da Cultura de Galicia acollerá a V Bienal Literaria Internacional “De pedra e palabra”, actividade posta en marcha polo Centro PEN de Galicia en 2006 co obxectivo de darlle visibilidade á literatura galega por parte de autores de recoñecido prestixio.

Tras abordar o diálogo de Galicia coas letras veciñas, voces de África e Asia ou as fondas relacións da nosa comunidade con América; esta V Bienal Literaria servirá para achegarnos a diferentes tipos de literatura procedentes de diversas rexións de Europa e coas que Galicia non tivo un gran vínculo ata hoxe: Bosnia-Herzegovina, Polonia, Flandes, Suza, Hungría, República Checa, Noruega, Escocia, Holanda, Servia, Croacia, Macedonia, Eslovaquia, Gales, Bulgaria, Eslovenia, Romenia, Albania, Estonia, Lituania, Irlanda, Moldavia…
 
Polo Gaiás pasarán un total de cincuenta escritores, xornalistas, críticos, profesores editores e demais axentes que participan da escritura creativa, da industria do libro e da promoción da lectura ao longo de dúas xornadas nas que a literatura será a protagonista indiscutible.