Uxía

A voz do Atlántico está personificada nunha das artitas máis recoñecidas da nosa lingua: Uxía, que pisará o escenario do Museo Centro Gaiás para regalarnos palabras e notas saídas desde o máis profundo e íntimo do seu ser. Cancións apegadas á música tradicional, cun tratamento innovador e persoal a cargo dunha Uxía máis contida e profunda ca nunca.

Desde o seu debut con Foliada de Marzo en 1986 e tras máis de 25 anos de carreira artística, Uxía é hoxe un punto de encontro para as diferentes culturas e un xeito de comunicación entre pobos e xentes.

Uxía pisará o 12 de xullo o escenario do Museo Centro Gaiás para delitarnos cunha relectura dos temas fundamentais do seu repertorio cun instrumento como protagonista: a súa propia voz, o seu propio canto. Un directo íntimo no que recurrirá a unha constante da súa carreira, a súa paixón pola mestizaxe e a unión e voces, instrumentos, ritmos e sons.

Para iso, Uxía contará no escenario cuns compañeiros de viaxe excepcionais: Sérgio Tannus –un dos máis completos artistas da colleita brasileira e un virtuoso en instrumentos de corda-, Xoán Porto Becerra –instrumentista de folk galego- e o percusionista brasileiro Paulo Silva. Un elenco de luxo ao que se sumará un convidado de excepción: o fadista do Alentejo António Zambujo, dando pé a unha festa multicultural coa que deixarnos a alma e  a pel.