Vive unha noite única no Orinoco. Nenos de seis a once anos pasarán de ser espectadores a exploradores vivindo unha inolvidable aventura nocturna nun auténtico poboado indíxena: o Campamento Tepuy.
Cargados cos seus sacos de durmir e, tras visitar a exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, os pequenos expedicionarios serán chamados polo xamán da tribu a escoitar, co ruído da selva e do río Orinoco de fondo, os ritos das distintas etnias e as súas lendas ancestrais. Unha grande experiencia que se completará coa participación nunha danza tribal antes de acostarse baixo as estrelas do Museo Centro Gaiás.
Programa
Venres
19.00h: Chegada ao Museo Centro Gaiás.
19.30h: Visita guiada dinamizada á exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido.
21.00h: Cea pic-nic no Museo Centro Gaiás.
22.00h: Chegada ao Campamento Tepuy, onde o xamán os introducirá na tribo antes de sentar a escoitar as historias, os ritos e as lendas.
00.30h: Toque de queda.
Sábado
09.00h: Diana, aseo e recollida de campamento.
10.00h: Almorzo.
11.00h: Foto de recordo e despedida.
