Un animal con moitos millóns de anos | Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia 2021

A Biblioteca de Galicia celebra o mes dedicado á ciencia, novembro, con varios obradoiros e actividades destinadas a distintas idades e públicos, converténdose nun gran laboratorio para grandes e maiores que poderán desfrutar cada sábado con divertidas experiencias, á vez que aprenden e afondan no coñecemento científico dunha maneira moi amena.

O Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia inclúe na súa programación este obradoiro para descubrir ao Nautilus, a única especie de ammonites que perdura ata os nosos días, pois o resto extinguíronse cos dinosaurios. Afondaremos no por que da súa permanencia e o por que da súa forma en espiral áurea, que á súa vez está ligada ao número de ouro.