A túa lingua contigo: obradoiro de creación de chapas | Día da Lingua Materna 2024

Para conmemorar o Día da Lingua Materna, a Biblioteca de Galicia ten para vós unha proposta en forma de xogo no que falaremos na nosa lingua, noutras linguas e en linguas que inventemos.

Trátase dun encontro no que as palabras e a creatividade serán as nosas compañeiras. Durante esta viaxe reflexionaremos sobre a nosa lingua, pero tamén sobre outras realidades lingüísticas e culturais, e compartiremos con todas e todos os participantes cal é a nosa palabra favorita para rematar deseñando unha chapa cunha palabra coa que nos identifiquemos e nos acompañe.