Todo dice que si

Música e poesía van da man neste novo Atardecer no Gaiás a través do espectáculo Todo dice que si, protagonizado polo actor Alberto San Juan e o guitarrista Fernando Egozcue.

Todo dice que sí (verso que dá título a un verso de Pedro Salinas) é un percorrido -subxectivo e arbitrario, non académico- pola poesía española do século XX: Salinas, Luis Cernuda, Juan Ramón Jimenez, Gabriel Celaya, Jaime Gil de Biedma, José Agustin Goytisolo, Josep María Fonollosa, Ángel Gonzalez...

O actor Alberto San Juan ponlle voz aos poemas e o guitarrista Fernando Egozcue acompaña os versos coas súas composicións. Os poemas elexidos compoñen un percorrido sentimental, filosófico, humorístico, social. Pero, sobre todo, son unha afirmación da vida. Das gozosas e reais posibilidades de vivila como desexamos, a partir do que somos. Cada un e todos.