Terbutalina + Chus Silva DJ

Terbutalina faiche bailar como se te duchases todos os días en augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados.

Ao rematar o concerto, os bailes continuarán na Praza Central a cargo de Chus Silva DJ, cuxa pinchada tivo que trasladarse para esta data, despois de que a choiva obrigase a súa cancelación o pasado 28 de xullo.