The Soul Jacket + Diariodeverano + Fripp & Kitte

Atardecer no Gaiás 2016 despídese por todo o alto. A paza central acollerá este fin de festa con tres bandas galegas: Diariodeverano e Fripp&Kitte, gañadores do 1º e 2º premio do certame Xuventude Crea, e The Soul Jackett.

Diariodeverano é unha aposta de pop alternativo que nace en 2013 como un proxecto persoal de Iago Gordillo que, tras pasar anos soplando o saxo no Conservatorio da Coruña, comeza a gravación do seu primeiro EP: El extraordinario hombre estacionario, no que conviven sons de percusións, teclados, ventos, vasos de auga, electrónica e beatboc. A Gordillo súmanse Iago Blanco, Daniel Añón e Alejandro Rapitis ata completar a banda actual, gañadora do Xuventude Crea 2015.

Fripp & Kitte nace da colaboración entre dous músicos solistas que mesturan os seus estilos e voces para dar lugar a un novo proxecto que recolle os sons crepusculares do oeste americano e melodías desde o soul ata o folk. Tras dous anos de andadura, en 2015 alzáronse co segundo premio no certame Xuventude Crea. 

The Soul Jacket. Rock americano con sede en Vigo. The Soul Jacket chega a Atardecer no Gaiás cos temas do seu último disco: Black Cotton Limited, onde se deslizan libremente polos estilos desa Norteamérica mítica que tan ben souberon absorber e incorporar a un rexistro propio xa de por si rico en matices. Tras o éxito de Wood Mama e Gunpowder Valley, The Soul Jacket celebrarán dez anos sobre o escenario, converténdose no mellor fin de festa para esta sexta edición de Atardecer no Gaiás.

E ao acabar os concertos, fin de festa na Cantina do Gaiás con Isla del Tesoro e DJ Furia de Timotei.