Simplicissimus

Benvidos á primeira revista musical infantil e familiar. Unha proposta surrealista na que a danza clásica, contemporánea, music-hall e o claqué combinaranse co teatro, clown, monicreques, mimo e acrobacia nun espectáculo cheo de luz, brillo e cor. 

Un cóctel de pluma e abelorios onde todo é posible, para sexa paladeado en familia, descubrindo un mundo novo aos máis pequenos e rememorando un pasado non moi lonxano para os adultos.

Unha homenaxe ás varietés, aos tempos dos teatros de madeira e os decorados de papel pintado… Benvidos a Simplicissimus.

E coa compra da túa entrada, Mel de Galicia e Craega convídanvos antes de cada espectáculo a unha merenda ecolóxica con "maruxas de nata", leite ecolóxico, doces e mel.