Sensacional

Atardecer no Gaiás arranca este xoves, 3 de xullo, cunha gran festa de presentación a cargo da banda coruñesa Sensacional, quinteto que reivindica a mellor esencia do pop clásico e melódico pero con criterio propio.

Sensacional formouse na Coruña no inverno de 2013. Tras o seu paso como guitarrista en diversas bandas como Meu, Ricardo (voz e guitarra), decide comezar outra etapa e dar forma a novos temas sobre os que leva algún tempo traballando, ocupándose tamén da voz neste proxecto. Para levalo a cabo contacta con Ramón Alonso (guitarra e coros), con quen xa compartira escenario en varias ocasións; e deciden completar o grupo con Alberto Dopico (batería), compañeiro de Ricardo noutras bandas, Alejandro González (hammond, Rhodes e sintes) e Javier Garrido (baixo).

E estes son os resultados desta combinación de músicos: ‘Lo que te pierdes’, a primeira das cancións, destaca polo predominio de guitarras roqueiras, e encaixa como crónica vengativa dun desengano amoroso. A canción resulta unha perfecta ponte entre o mellor dos Brincos e incluso os mellores retrousos do indie-pop estatal. Séguelle ‘Que merezca la pena’, onde tamén predominan as historias interpersonais marcadas polos temas estrela deste século, tales como o desencanto e a incomunicación (‘dime algo nuevo que merezca la pena’, di o retrouso). Retrousos como unha das mellores bazas de Sensacional, concisos e pegadizos, que de seguro van marcar a lume na vosa memoria. Como tamén os de ‘Control’, quizáis a máis confesional, ou o de ‘No lo vas a ver’, onde melódica e ritmicamente chíscanlle o ollo ao power-pop británico dos 80s.

Unha cita que non podes perder.

 
Música & Escena
 
 
00:00
 
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo