A enerxía e a vitalidade de Brasil converxen á perfección en Selvática, o dúo formado por Manu e Paula (ex Indómitos) que aúnan na súa música o pop con ecos do post-punk, guitarras surfeiras e, por suposto, matices tropicais e ritmos acelerados.
Tras o seu primeiro L.P. Un mundo extraño, Selvática chega ao Atardecer no Gaiás con novo traballo: Cancións cariocas. Un disco que acentúa o seu carácter pop, con doses de escuridade e experimentalismo.

