Rolf & Flor no Círculo Polar

O musical deste Nadal témolo na Cidade da Cultura.  Achégate ao Museo Centro Gaiás e viaxa con Rolf & Flor ao Círculo Polar a ritmo dunha das bandas de música electrónica máis recoñecidas internacionalmente: os cataláns The Pinker Tones. Xuntos viviremos unha grande aventura con estes dous personaxes que, tras coñecerse no Caribe, reencóntranse agora en latitudes máis frías para visitar heisers, ver baleas, deslizarse en trineo e ata marabillarse coa aurora boreal. 

Tras o seu paso por festivais como SónarKids, Animac ou Minimúsica; Míster Furia (voz, harmónica, melódica, kazoo e ukelele), Profesor Manso (percusión, glockenspiel e voz) e DJ niño (guitarra e voz) chegan ao Gaiás con este espectáculo acústico para toda a familia. 

 

 
En familia