Quixote | Teatro

Con motivo do Día do Teatro, a Biblioteca de Galicia organiza a obra familiar Quixote, o segundo espectáculo da compañía "Pedras de Cartón". Desta volta afrontan o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, en clave de comedia.

Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, afrontan as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho. Un velocípedo no que vai montado Quixote será o Rocinante, e un triciclo no que vai montado Sancho será o peculiar Rucio, o asno de Sancho Panza.

Trátase dun espectáculo para achegar os clásicos á toda a familia, nunha proposta chea de humor e case sen palabras, na que Don Quixote viaxa así polas terras de Castela no seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

* Premio Certame Barroco Infantil no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2021

 


 
En familia