Que comerá o rei?

A partir do conto A pota que trota de OQO Editora, os participantes mergullaranse na obra de Castelao da man do mercader presente no conto e responsable do cambio de vida dos labregos. A través dun xogo, os rapaces terán que atopar, colocar e identificar, co texto correspondente, cada unha das láminas da serie Nós. Deste xeito, achegaranse á obra de Castelao, mediante o coñecemento e identificación dunha das súas series de debuxos máis recoñecidas.

 

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas