Atardecer no Gaiás arranca o 2 de xullo cunha das bandas locais que máis deron que falar no último ano: Puma Pumku.
Fan do directo a súa mellor arma. Fillos do rock psicodélico, Amadeo Varela, Guillermo Cavero -Pamper-, Francisco Varela, Óscar Raña -Pulpo- e Álvaro Dosil -Coque- ofrecen guitarras que se entralazan en loops infinitos e voces que falan de mundos que non están neste. Á praza central do Gaiás chegan con disco baixo o brazo: Is It In You?, unha declaración de intencións que destila enerxía, ambición e inquietude.

