Playscape deluxe | Gaiás en xogo 2026

Pódese crear un castelo de aventuras con grandes pelotas inchables e moito fío de cores? Poderase saltar sobre el? Poderán agocharse alí personaxes divertidísimos? A resposta é SI! Playscapes (Paisaxes de xogo) é unha instalación artística de 70 m2 creada pola artista belga Cathy Bertel para o goce dos miúdos e miúdas.

Todo comezou cando Bertel decidiu envolver cun patrón de tecido de gancho a súa propia pelota para sentarse... sen ter nin idea de que iso acabaría levando á creación de enormes instalacións cheas de cores e formas divertidas! Espazos que empregan materiais como pneumáticos, teas e fíos elásticos, construídos artesanalmente para producir obras nas que nenos e nenas poden explorar de xeito autónomo. 

A rapazada de entre 1 e 6 anos pode acceder fisicamente á estrutura, percorrela camiñando ou saltando e explorar os seus múltiples recunchos, nos que se revelan ollos, bocas, personaxes e detalles a través do xogo e da curiosidade. Para o público maior desta idade, Playscapes preséntase como unha gran paisaxe escultórica chea de cor.

 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas