A Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro quere conmemorar o Día do Teatro con esta representación de As pitas baixo a choiva baseada nun texto do escritor Carvalho Calero, cuxa representación terá lugar no Auditorio da Biblioteca de Galicia.
Sinopse:Ludivina e Tereija son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que vén ás veces a xogar con elas. Pero teñen medo de que ese día chova, pois cando isto sucede Ricardiño tolea e perségueas ata pechalas no curral. Coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e continúe xogando con elas…

26 Xuñ - 7 Xul // 28 Ago - 8 Set 2023
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)