Pequefilmes 2023 | Programa especial IndieJúnior

O IndieJúnior – Festival Internacional de Cinema Infantil e Juvenil do Porto leva desde 2017 presentando o cine infantil e xuvenil máis creativo que se fai en Portugal e no mundo. O festival integra unha competición de longas e curtametraxes, cuxo palmarés é designado por tres xurados —oficial, escolas e público—. Ademais, varios dos filmes a concurso son seleccionados polo alumnado das escolas do Porto.

En Pequefilmes 2023 teremos ocasión de ver varias curtametraxes seleccionadas nas últimas edicións, distribuídas en dúas sesións con entrada de balde nas mañás do sábado 28 e o domingo 29 de xaneiro de 2023. Para asistir ás mesmas é necesario retirar unha entrada presencial, sen custo, en Ataquilla, na recepción do Museo Centro Gaiás ou o mesmo dia das proxeccións no despacho de billetes da Biblioteca de Galicia.

INDIEJÚNIOR 1 | Sáb 28 XAN 2023 | 13.00h

  • THE WITCH AND THE BABY. Evgenia Golubeva. Rusia e Reino Unido, 2020. 5 min.
  • FUSSEL. Alex Berweck. Alemaña, 2019. 5 min.
  • MERRY GRANDMAS. Natalia Mirzoyan. Rusia, 2020. 8 min.
  • HUGO & HOLGER. Teddy Halkier Kristiansen. Dinamarca, 2020. 14 min.
  • THE 7 KIDS. Marina Karpova. Rusia, 2020. 5 min.
  • O PEQUENO BARCO QUE QUERÍA VOAR / THE LITTLE BOAT THAT WANTED TO FLY. Ekaterina Filippova. Rusia, 2020. 7 min.
Retirar entrada

 

INDIEJÚNIOR 2 | Dom 29 XAN 2023 | 13.00h

  • LITTLE SNOWMAN.  Aleksey Pochivalov. Rusia, 2020. 4 min.
  • A FILM BY M+M. Matthew Yang, Megan McShane. Estados Unidos, 2021. 2 min.
  • LE FIL DES RÊVES. Camille Foirest. Francia, 2020. 3 min.
  • UN CAILLOU DANS LA CHAUSSURE. Eric Montchaud. Francia, 2021. 12 min.
  • POMPIER. Yulia Aronova. Francia, 2020. 9 min.
  • A MENINA PARADA. Joana Toste. Portugal, 2021. 9 min.
  • MARMALADE. Radostina Neykova. Bulgaria, 2020. 5 min.
  • BATTERY DADDY. Jeon Seung-bae. Corea do Sur, 2021. 6 min.
Retirar entrada