Público | Infantil (+ 3 anos)
Duración | 50 min. aproximadamente
Instrumentos en escena | Violín, clarinete e piano
O espectáculo represéntase nun teatriño inspirado nos espectáculos de monicreques do Barroco, e a presenza dos músicos na escena subliña e reforza as accións dramáticas dos bonecos.
Este espectáculo é unha adaptación da obra 'Paxaro de lume', de Igor Stravinsky. Conta a historia do príncipe Iván, que quere remediar a tristura do seu pai desde o día no que o paxaro de lume co seu canto abandonou o xardín real. Iván suplícalle ao Rei que o deixe ir na súa busca, momento no que comeza a aventura.


