Os Seráns do TAC - 2012: Compositoras Actuais

Director | Diego García Rodríguez

Presentador | Implicadas no Desenvolvemento

Restaurante | Culler de Pau (O Grove)

Implicadas no Desenvolvemento é unha  ONG galega fundada en 1998 para contribuír a cambiar o mundo dende o enfoque de xénero e dende Galicia. O TAC naceu en 2010 para contribuír a cambiar a escena da música contemporánea tamén dende Galicia. 

Nesta colaboración o TAC presenta unha panorámica da creación feminina actual, con obras dunha compositora finlandesa, unha alemá, unha catalá e unha galega (nestes dous últimos casos as dúas obras son estreas absolutas), nas que o compoñente audiovisual e sensorial desenvolven un papel central.

Programa

  • Kaija Saariaho (1952): NoaNoa, pour flûte et électronique 
  • Isabel Mundry (1963): D'où venons nous - Que sommes nous - Où allons nous 
  • Gloria Rodríguez Gil (1972): Obra a estrear.  Con José Antonio Campo, tenor, e Avelina Rodríguez Gil, vídeo e texto
  • Raquel García Tomás (1984): Obra a estrear