Orquestra Revolucionaria e Romántica

Despois do seu éxito do ano pasado coa “Misa en si menor” de Bach, John Eliot Gardiner regresa á Coruña co que xa foi designado estes días como o mellor coro do mundo, o Monteverdi Choir, ao que desta volta se lle unirá outro dos conxuntos fundados por Gardiner, a Orquestra Revolucionaria e Romántica.

Todos ofrecerán a “Misa de los salmos” de Igor Stravinsky e a “Misa en fa menor número 3” de Anton Bruckner.