O Centro Dramático Galego actualizará o clásico de Bertolt Brecht e Kurt Well “A Ópera dos 3 Reás”, baixo a dirección escénica de Quico Cadaval e a dirección musical de Diego García Rodríguez. Luis Tosar encabeza o elenco deste drama musical do que tamén forman parte César Goldi, Alba Messa, Monica de Nut, Marta Pazos, Francisco Pérez “Narf, Marcos Orsi, Muriel Sánchez, Begoña Santalices e Sergio Zearreta.
Patrocinada pola Cidade da Cultura, pola Consellería de Cultura e Turismo e por Novacaixagalicia, a peza está baseada na obra do dramaturgo inglés John Gay “A ópera do mendigo” (1728) e foi o éxito teatral máis importante de Brecht. As formulacións escénicas do dramaturgo alemán únense a unha fascinante partitura composta por Kurt Weill, na que incorpora cabaret, jazz e música culta, aínda que satirizada e na que moitos dos seus temas alcazaron éxito por si mesmos, como “A balada de Mackie o Navalla” ou “Jenny a dos piratas”.
Bretch sitúa a súa ópera na Alemaña dos anos 30, un mundo de delincuencia, crise, prostitución, miseria e abusos. A acción transcorre nunha cidade onde fumega a ambición , os sonos, a traizón , a mesquindade, o desexo, a tortura e a beleza, o bandido Mackie Messer –Mackie o Navalle, interpretado por Luis Tosar, compórtase como se ninguén o puidese deter na súa carreira de éxitos delituosos, ata que se lle antoxa casar con Polli Peachum, a filla do “rei dos mendigos”.
É o principio do fin, pero antes léganos unha frase memorable: “Qué é asaltar un banco comparado con fundar un banco?”


