Ópera Break's | Día da Música na Biblioteca de Galicia

 A Biblioteca de Galicia, con motivo da conmemoración do Día da Música, organiza un espectáculo no que se mestura ópera, breakdance, beatbox e DJ nunha única función de gran calidade artística, que nace da conexión da soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola.

Contan unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompen as barreiras do clásico e do urbano, fusionándoos nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode suceder… Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?

Compañía: Vella Escola & Emanarte

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas