O pequeño Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.
Onde viven os monstros é unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, de Maurice Sendak, considerado o álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual, tranzando un fiel retrato da infancia. Un clásico vixente hoxe en día que plasma con grande expresividade os temores e desexos da nosa máis tenra infancia: os monstros que nos asexan, os nosos incomprendidos enfados, o medo ao abandono e a que os nosos pais deixen de querernos.

26 Xuñ - 7 Xul // 28 Ago - 8 Set 2023
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)