No ciclo NEXOS rendemos homenaxe a Octavio Paz, un dos máximos expoñentes da intelectualidade latinoamericana de todos os tempos. Galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1990, Paz foi un poeta sublime e xenuíno que transitou por distintas correntes (social, existencial, surrealista) pero sempre dotado dunha enorme fondura metafísica. O seu labor como diplomático levouno a ampliar os seus estudos sobre as culturas orientais (Xapón, India), paixón que cultivaría en traducións e ensaios. Algúns dos seus libros, como El laberinto de la soledad ou El arco y la lira convertérono desde moi cedo nunha das figuras máis influentes da cultura en México. En 1980 recibiu o Doutoramento Honoris Causa pola Universidade de Harvard, e en 1981 o Premio Cervantes.
12:00 | Relatorio: Pere Gimferrer. Poeta, narrador, ensaísta, tradutor e crítico literario, é unha das voces máis anovadoras da poesía e a literatura contemporánea, sexa en lingua catalá ou castelá. A súa mesta obra mereceu abundantes premios e distincións. É membro da Real Academia Española, da Academia Europea de Poesía e da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona. Autor do ensaio Lecturas de Octavio Paz, a quen tratou en vida e cuxo epistolario entre ambos foi publicado no volume Memorias y palabras (Seix Barral, 1999).
12:45 | Exposición complementar: Rafael Martínez Castro. Político, metafísico e profesor de filosofía. Na actualidade é decano da Facultade de Filosofía da USC.
13:15 | Proxección audiovisual. O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) presenta un colaxe audiovisual a partir de dous documentos: por unha parte fragmentos dunha célebre entrevista a Octavio Paz; por outra, imaxes do arquivo de Julio Cortázar, no que se mostra o encontro festivo entre ambos escritores en India.
