Con motivo da celebración do Día da Ilustración o 30 de xaneiro, a Biblioteca de Galicia pon en marcha dous obradoiros a cargo do ilustrador Jaime Asensi. Sobre un texto dun autor galego crearanse as personaxes e a ambientación dende os bocetos ata o traballo final.
O sábado 30 de xaneiro, o obradoiro estará dedicado a nenos de 6 a 10 anos. Pola súa banda, o do domingo 31 de xaneiro está pensado para nenos de 11 a 15 anos.


