Con motivo da conmemoración do Día do Medio Ambiente a Biblioteca de Galicia organiza este obradoiro que ten como obxectivo educar, dun xeito lúdico e participativo, as rapazas e os rapaces na importancia da defensa do medio ambiente, así coma concienciar na importancia do aforro de auga e enerxía e na disminución do volume de residuos.
Na primeira parte da actividade cada asistente elaborará a súa propia pasta de dentes artesanal e a continuación se elaborará un cespín, introducindo o céspede e un pouco de terra nunha media que se decorará con ollos, boca, orellas e nariz dándolle cada persoa unha forma ao seu gusto.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

