Obradoiro: retrato creativo de Chichi Campos | Día da Ilustración 2024

Con motivo da celebración do Día da Ilustración, neste obradoiro os nenos e nenas terán a oportunidade de completar un retrato a liña de Chichi Campos, o homenaxeado este ano. Con total liberdade para elixir a súa técnica preferida, os e as asistentes poderán dar cor coas súas pinturas favoritas, crear colaxes ou reinterpretar o debuxo, plasmando a súa propia versión. Os traballos resultantes colocaranse na aula para que todos e todas poidan compartir as súas impresións e ver os diferentes resultados.

 
En familia
 
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h