Obradoiro infantil de caricaturas

A Biblioteca e Arquivo de Galicia pon en macha un obradoiro de caricaturas, que será impartido por Alexis Parada Gutiérrez, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo; e Eusebio Rivero Veiga, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. Dous profesionais e artistas plásticos galegos con experiencia na docencia.

O sábado, o obradoiro estará destinado a nenos de 6 a 12 anos e terá unha duración de 90 minutos.

O domingo será a quenda dos rapaces de 12 a 16 anos, cunha duración de 120 minutos.

O Obradoiro consistirá:

  1. Estudar os tres pasos principais para realizar unha caricatura: parecido, esaxeración e intención.
  2. Ensinar a ver.
  3. As cinco formas e as súas variantes.
  4. Proporción e observación no retrato clásico.
  5. Peso visual e a lei da masa constante e puntos de referencia.
 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)