Obradoiro de Stop Motion

Gustaríache realizar a túa propia película? E dar vida aos teus personaxes? A Biblioteca de Galicia organiza do 11 ao 14 de xullo un obradoiro de Stop Motion no que dominar todas as fases dun filme.

Neste obradoiro, os participantes serán creadores e actores, ao tempo que terán un achegamente ao mundo do cinema dende o xogo e a lectura. Na primeira sesión faremos unha aproximación á técnica stop motion mediante explicacións e exemplos visuais. A continuación leremos os textos cos que imos traballar e tomaranse decisións sobre como realizar a nosa adaptación. Nas seguintes sesións realizaremos todo o proceso de produción dunha animación: deseño e elaboración de personaxes, decorados ou fondos, story board, captura de fotografías, dobraxe...