Obradoiro de poesía e rap

Os máis pequenos achegaranse á figura de Manuel María a través do rap. Da man de Für alle Falle (Iñaki López e Vanesa Castro), os participantes desenvolverán as súas habilidades musicais e literarias neste obradoiro co que se busca motivar aos rapaces a compoñer as súas propias creacións, fomentar a creatividade e o traballo en equipo, e dar a coñecer e difundir a obra de Manuel María.

O resultado final darase a coñecer no recital colectivo que terá lugar na Cidade da Cultura o mesmo  Día das Letras e no que os participantes demostrarán a súa destreza na arte da composición, cantando as súas propias creacións.

 
Letras & Pensamento
 

Cultura

  • (1)
 
TODOS OS VENRES|DO 1MAR AO 7XUÑ
De 17:00 a 19:30h